RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Último partido de liga no Arsenio Iglesias este domingo 26 ás 12:00 para un Fabril que quere ante o Valladolid Promesas "demostrar a competitividade que nos levou até aquí"

DÉPOR FABRIL · 25 ABRIL 2026

ÚLTIMO PARTIDO DE LIGA NO ARSENIO IGLESIAS ESTE DOMINGO 26 ÁS 12:00 PARA UN FABRIL QUE QUERE ANTE O VALLADOLID PROMESAS "DEMOSTRAR A COMPETITIVIDADE QUE NOS LEVOU ATÉ AQUÍ"

O Fabril disputa este domingo 26 de abril ás 12:00 () ante o Real Valladolid Promesas o seu último partido de liga no campo Arsenio Iglesias.A próxima semana, o filial conclúe esta histórica temporada en Ávila.Xa campión desde hai varias semanas, o conxunto de Manuel Pablo, que a pasada fin de semana venceu en Salamanca (0-1), suma 69 puntos e 20 partidos sen coñecer a derrota.O técnico asegurou en rolda de prensa que o seu equipo afronta esta recta final "adestrando con bo ritmo, querendo mellorar e demostrar a competitividade que nos levou até aquí. Nesa liña imos tentar seguir".Afirma o adestrador fabrilista que o vestiario, logrado o ascenso e título, márcanse "obxectivos de puntuación, que poidamos ser o equipo dos 5 grupos con máis puntuación; goles a favor, goles en contra..."Ve aos seus futbolistas "ambiciosos. Véxoos adestrando bastante forte, igual que sempre".Conclúe que "é bonito ver a un equipo que a súa imaxe non decae. Moitas veces quédache esa imaxe se te deixas ir, con derrotas que quedan feas. Nós imos tentar facer o pleno nestes dous partidos".Son baixa para o encontro os lesionados Damián Canedo, Manu Ferreiro, Jaime Garrido, Pablo Cortés, Aarón, Hugo Ríos e Quique Teijo, con molestias na musculatura isquiotibilal; ademais de Bil, en dinámica do primeiro equipo.Pola súa banda, o Real Valladolid Promesas, que a pasada fin de semana goleou (3-0) ao UP Langreo, é 15º con 39 puntos.No partido da primeira volta disputado o 4 de xaneiro venceu o Fabril por 0-4 con goles de Domínguez -2-, Nájera e Dani Estévez.Fóra do seu campo esta temporada o conxunto valisoletano gañou ao UD Ourense (0-1), Atlético Astorga FC (1-4), SD Sarriana (2-3), Coruxo FC (0-2), Gimnástica Segoviana CF (1-2) e CD Lealtad de Villaviciosa (2-3); empatou co Real Ávila CF (2-2), Burgos CF Promesas (3-3) e UP Langreo (1-1); e caeu co Oviedo Vetusta (2-1), Bergantiños CF (1-0), UD Sámano (2-1), CD Numancia de Soria (3-1), Salamanca CF UDS (3-0), Marino de Luanco (1-0) e Rayo Cantabria (4-1).Javi Baraja, técnico valisoletano, sostén que no campo Arsenio Iglesias "a clave é que sexamos nós e sexamos conscientes do que nos xogamos; que saibamos que vai ser un partido moi duro con fases nas que non teñamos bóla pero que saibamos sufrir".O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en  e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.