RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os seus actividades en Kósovo

FUNDACIÓN · 27 ABRIL 2026

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN VISITA AO FC PRISHTINA DURANTE OS SEUS ACTIVIDADES EN KÓSOVO

No marco da expedición que a RC Deportivo Fundación leva a cabo en Kósovo tivo lugar unha visita ás instalacións do FC Prishtina.

A xornada serviu para coñecer de preto a realidade do club, percorrer os seus espazos de traballo e compartir impresións co equipo local sobre distintas formas de entender e desenvolver o fútbol.

Este tipo de encontros seguen achegando valor á presenza internacional da RC Deportivo Fundación, permitindo crear novas relacións e coñecer de primeira man outros contextos deportivos.