
DÉPOR · 28 ABRIL 2026
"120 AÑOS SIN DAR NADA POR SENTADO", EL 'BRAND' VIDEO DEL RC DEPORTIVO QUE CONMEMORA SU 120 ANIVERSARIO
"Por veces, pénsoo… Que vos trae aquí? Con frío, vento… ninguén vos obriga. Mesmo hai domingos nos que prometedes non volver e o luns xa estades rabiando por que chegue o seguinte partido. É que con vós non se pode dar nada por sentado". Así comeza a peza audiovisual que o RC Deportivo lanzou con motivo dos seus cento vinte anos de historia. Un anuncio protagonizado por deportivistas de diferentes perfís e localizado integramente no Estadio ABANCA-RIAZOR.Unha voz en off pregúntalle aos afeccionados que é o que lle fai levantarse unha e outra vez. A paixón, o orgullo, o compromiso ou o inconformismo son algúns dos valores que o explican. Con todo, destaca un deles: a teimosía, a calidade daquel que teima, como o define a Real Academia Galega, que insiste, que é perseverante, resistente e tenaz.Ao final da peza, descóbrese que quen fala é un dos asentos do estadio, que cada domingo tenta entender o significado do deportivismo e que acaba concluíndo que co Dépor e a súa afección, non se pode dar nada por sentado.Dépor: 120 anos sen dar nada por sentadoAo longo dos seus 120 anos de historia, o RC Deportivo construíu algo que vai moito máis alá dos resultados deportivos: unha relación única coa súa afección, profunda, emocional e interxeneracional, que sostivo ao club nos momentos máis difíciles e impulsouno nos máis grandes. Porque se algo fai verdadeiramente único ao Dépor é a súa xente: unha afección fiel, orgullosa e comprometida, que non se explica sen o club... e un club que, precisamente por iso, nunca deu nada por sentado.Así o demostrou ao longo da súa historia, alcanzando fitos cando ninguén o esperaba, desde a conquista dunha Liga histórica até xestas como o 'Centenariazo', lembrando sempre que o importante non é o que se presupón, senón o que se loita. Porque cando outros dan algo por feito, o Dépor compite, insiste e cre.Así, o RC Deportivo conecta a súa identidade co inconformismo e a teimosía: unha maneira de entender o fútbol e a vida desde a resistencia, a ambición e a convicción de que nada está garantido. O éxito, nese camiño, non é casualidade, senón o resultado do esforzo, a responsabilidade e uns valores profundamente arraigados. Porque, "cando non dás nada por sentado, podes lograr todo".Despois de todo o vivido, o Club entende que na construción de calquera proxecto nada se regala. Este 120 aniversario non é só unha celebración, senón tamén unha declaración de intencións: pór o foco no presente, aprender do camiño percorrido e proxectarse cara ao futuro. O compromiso co escudo asúmese como unha honra e unha responsabilidade, guiado pola excelencia, o respecto e a responsabilidade coa Coruña e Galicia.Ficha técnica:TÍTULO: Dépor, 120 anos sen dar nada por sentado
Axencia: IMAXE
Directores creativos: Jorge Alonso e Belen Graña
Producer axencia: Susana Moya Torrado
Director: Pablo Arreba
Dop: Marino Pardo
Xefe de produción: Andrés Nadal

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...

O Alevín A e o Benxamín A adiantan a este martes 28 de abril ...