RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería gañar"

DÉPOR ABANCA · 27 ABRIL 2026

FRAN ALONSO: "O EQUIPO DEMOSTROU DESDE O MINUTO 25 QUE QUERÍA GAÑAR"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que o Dépor ABANCA marchou de ABANCA-RIAZOR cun mal sabor de boca tras o empate ante o Alhama CF porque "primeiramente queriamos adiantar o equipo que nos precede na táboa (o RCD Espanyol) e segundo porque queriamos darlle unha alegría a ANOSAFORZA porque a merecen".O técnico deportivista non cre que houbese nas súas futbolistas "relaxación. O equipo demostrou desde o minuto 1 que quería gañar. Fomos a por todas. Démolo todo. Por ese aspecto estou contento coas xogadoras, coa entrega, nun día con bastante calor".Iso si, admite que "non estivemos precisas nas dúas áreas. Iso é o que definiu o partido".Explicou que a convocatoria de Antía Veiga se debeu á baixa de Yohana, que "está na última fase da súa recuperación (dunha lesión muscular no xemelgo). Inês Pereira está a un nivel espectacular pero se algo pasase con ela confiamos plenamente en Antía Veiga e en Martina Rivas, que non entrou na convocatoria".Finalmente, Fran Alonso confesou sobre os 100 partidos cumpridos por Samara que "estou moi orgulloso dela. Pode estar máis ou menos acertada pero sempre dá o 120% tanto nos adestramentos como nos partidos".