RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados este sábado 25 en ANOSACANTEIRA feminina, con fin de liga para o Dépor ABANCA B; e calendario deste domingo 26, con citas en Vigo e Cambre

CANTERA · 25 ABRIL 2026

RESULTADOS ESTE SÁBADO 25 EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON FIN DE LIGA PARA O DÉPOR ABANCA B; E CALENDARIO DESTE DOMINGO 26, CON CITAS EN VIGO E CAMBRE

Esta fin de semana concluíu a liga en Segunda Federación o Deportivo ABANCA B.As Nosas, coa salvación lograda matematicamente a pasada fin de semana en Eibar, recibiron ao Sporting de Gijón este sábado 25 de abril no Dépor Training Center.Caeron pola mínima as branquiazuis (1-2), que finalizan a competición con 28 puntos na 10ª posición, con 7 partidos gañados, 7 empatados e 11 perdidos. As deportivistas marcaron 31 goles e recibiron 38. Karla Bermejo, con 9 goles en 10 partidos, foi a máxima anotadora despois de chegar ao equipo no mercado invernal.No vestiario deportivista, Antía Veiga recibiu a convocatoria para disputar coa seleccion española sub-17 o Campionato de Europa, do 2 ao 17 de maio en Irlanda do Norte.A canteirá branquiazul concentrarase o martes 28 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) até o sábado 2 de maio, día no que as internacionais sub-17 porán rumbo a Belfast.Finlandia, Francia e Polonia serán as rivais de España no grupo B da primeira fase.Este sábado 25 tamén gañou o Orzán SD Cadete na Coruña ao Victoria CF (0-3) e o Orzán SD Infantil A en Pastoriza (1-3) na loita polo título galego; mentres que o Orzán SD Infantil B caeu na Fase Plata na Torre fronte ao Lóstrego CF.Para o domingo 26 quedan os partidos do Orzán SD Sub-21 e do Orzán SD Xuvenil.As primeiras, que conclúen a liga en Tercera Federación a salvo do descenso, visitan ao Lóstrego CF ás 18:00 no campo vigués de Novo Miradoiro de Beade.Finalmente, o Orzán SD Xuvenil enfróntase no campo Dani Mallo (18:00) ao Sporting Cambre na Primera Autonómica. Neste caso as orzanistas teñen 9 puntos de vantaxe sobre o descenso, con 15 en xogo.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación26ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B 1 (Laura Tubío) - SPORTING DE GIJÓN 2Tercera Federación22ª xornada (última): LÓSTREGO CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 26 de abril ás 18:00 no campo Novo Miradoiro de Beade (Vigo)Primera Autonómica26ª xornada: SPORTING CAMBRE - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 26 de abril ás 18:00 no campo Dani Mallo (Cambre)Liga Galega cadete24ª xornada: VICTORIA CF 0 - ORZÁN SD CADETE 3 (Carla Miranda, Alba García e unha futbolista rival en propia meta)Liga Galega infantilFase polo Título, 4ª xornada: SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 3 (Lucía Mosquera -2- e María López-Perales)Fase Plata, 4ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - LÓSTREGO CF 3