
CANTERA · 26 ABRIL 2026
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO CON FINAL DE LIGA PARA O ORZÁN SD SUB-21 EN TERCERA FEDERACIÓN
Este domingo 26 de abril competiron o Orzán SD Sub-21 e o Orzán SD Xuvenil.As primeiras perderon 2-1 co Lóstrego CF no campo vigués de Novo Miradoiro de Beade no último partido de liga na Tercera Federación.As orzanistas acabaron en 9ª posición con 27 puntos, despois de 8 partidos gañados, 3 empatados e 11 perdidos; con 30 goles a favor e 27 en contra.A internacional Claudia Sande foi a máxima goleadora do Orzán SD Sub-21 con 5 goles en 16 partidos.Finalmente, o Orzán SD Xuvenil empatou no campo Dani Mallo (0-0) co Sporting Cambre na Primera Autonómica.Con este resultado, o cadro orzanista suma 20 puntos na 13ª posición, con 7 puntos por encima do descenso.Esta fin de semana tamén acabou a liga en Segunda Federación o Deportivo ABANCA B.As Nosas, coa salvación lograda matematicamente a pasada fin de semana en Eibar, recibiron ao Sporting de Gijón este sábado 25 de abril no Dépor Training Center.Caeron pola mínima as branquiazuis (1-2), que finalizan a competición con 28 puntos na 10ª posición, con 7 partidos gañados, 7 empatados e 11 perdidos. As deportivistas marcaron 31 goles e recibiron 38. Karla Bermejo, con 9 goles en 10 partidos, foi a máxima anotadora despois de chegar ao equipo no mercado invernal.No vestiario deportivista, Antía Veiga recibiu a convocatoria para disputar coa seleccion española sub-17 o Campionato de Europa, do 2 ao 17 de maio en Irlanda del Norte.A canteirá branquiazul concentrarase o martes 28 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) até o sábado 2 de maio, día no que as internacionais sub-17 porán rumbo a Belfast.Finlandia, Francia e Polonia serán as rivais de España no grupo B da primeira fase.Este sábado 25 tamén gañou o Orzán SD Cadete na Coruña ao Victoria CF (0-3) e o Orzán SD Infantil A en Pastoriza (1-3) na loita polo título galego; mentres que o Orzán SD Infantil B caeu na Fase Plata na Torre fronte ao Lóstrego CF.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación26ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B 1 (Laura Tubío) - SPORTING DE GIJÓN 2Tercera Federación22ª xornada (última): LÓSTREGO CF 2 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Laura Tubío)Primera Autonómica26ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - ORZÁN SD XUVENIL 0Liga Galega cadete24ª xornada: VICTORIA CF 0 - ORZÁN SD CADETE 3 (Carla Miranda, Alba García e unha futbolista rival en propia meta)Liga Galega infantilFase polo Título, 4ª xornada: SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 3 (Lucía Mosquera -2- e María López-Perales)Fase Plata, 4ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - LÓSTREGO CF 3

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...