
CANTERA · 26 ABRIL 2026
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA; ESTE DOMINGO CON DERROTA DO FABRIL, E CON TRIUNFOS DO XUVENIL A E ALEVÍN
Intensa xornada en ANOSACANTEIRA, esta vez con todos os partidos en fin de semana.Para este domingo 26 de abril quedou o partido do Fabril no campo Arsenio Iglesias ante o Real Valladolid.Os fabrilistas viviron unha semana de festexos coa entrega do trofeo de campión de liga en ABANCA-RIAZOR o pasado luns 20 e coa recepción no concello da Coruña o martes 22.Este domingo 26 de abril despedíronse esta temporada do Dépor Training Center coa satisfacción do deber cumprido aínda que con derrota intranscendente ante o Valladolid Promesas: 0-1."Están a competir por salvarse e notouse a diferenza competitiva", declarou Manuel Pablo na rolda de prensa pospartido.Ademais, o Xuvenil A (na foto principal da noticia) superou no Dépor Training Center ao Atlético Coruña Montañeros CF (4-1) e o Alevín ao CMI Club de Campo (0-6) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Este sábado 25 destacou o Dépor - RC Celta da División de Honra cadete.Os branquiazuis chegaban ao choque con 1 punto de vantaxe sobre os célticos na loita polo título, con 3 partidos por diante.Gañou 1-0 o cadro deportivista, con tanto de Yerobe no minuto 53.Con este resultado, o Cadete supera en 4 puntos ao RC Celta con 6 en xogo.Tamén certificou a medalla de ouro o Alevín A en Primera Futgal A Coruña a falta de 1 partido para o final ao derrotar por 0-6 ao Olímpico CF en Vilaboa.En canto ao resto de categorías competiron en casa o San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela (3-1), o Infantil ante o Victoria CF (11-0), o Fabril FC Alevín fronte ao CD Calasanz (3-2) e o Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo Sanz (3-4).Por contra, o Xuvenil B venceu ao CD Choco (1-2) e o Benxamín A ao Oza Juvenil SD (0-5); mentres que o San Tirso SD Infantil caeu pola mínima ante o RC Celta (3-2).Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación33ª xornada: FABRIL 0 - REAL VALLADOLID PROMESAS 1Categoría xuvenilDivisión de Honra, 29ª xornada: XUVENIL A 4 (Miguel de Labra -3- e Daniel) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1Liga Nacional, 31ª xornada: CD CHOCO 1 - XUVENIL B 2 (Borja e Nico Martínez)

Categoría cadeteDivisión de Honra, 28ª xornada: CADETE 1 (Yerobe) - RC CELTA 0División de Honra, 28ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Hugo Fernández, Asier e Hugo Caridad) - SD COMPOSTELA 1Categoría infantilDivisión de Honra, 28ª xornada: INFANTIL 11 (Santi Durán -6-, Yoel Darriba, Álvaro Gómez, Gael Seijo -2- e Jorge Méndez) - VICTORIA CF 0División de Honra, 28ª xornada: RC CELTA 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Yago Fernández -2-)Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 10ª xornada: CMI CLUB DE CAMPO 0 - ALEVÍN 6 (Alberto Novo -3-, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Adrián Míguez)Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: OLÍMPICO CF 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Cancela -2-, Tomás Sánchez -2-, Saúl Cancela e Leo Lorenzo)Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nico Castro -2- e Leo Galbán) - CD CALASANZ 2Categoría benxamínPrimeira Futgal A Coruña, 29ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - BENXAMÍN A 5 (Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos, Manu López e Xosé Varela)Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álex Martínez, Juan Crujeiras e Diego Freire) - ED LUÍS CALVO SANZ 4


"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...