RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Primeira xornada do Dépor Genuine en Mareo na segunda fase de LaLiga Genuine Moeve

DÉPOR GENUINE · 7 MARZO 2026

PRIMEIRA XORNADA DO DÉPOR GENUINE EN MAREO NA SEGUNDA FASE DE LALIGA GENUINE MOEVE

-Foto:LaLiga GenuineO Dépor Genuine volveu saltar ao céspede esta fin de semana na segunda fase da temporada 2025-26 de LaLiga Genuine Moeve, unha competición para persoas con discapacidade intelectual posta en marcha pola Fundación LaLiga, co Sporting de Gijón como equipo anfitrión.Esta competición demostra que o fútbol é moito máis que un resultado.Cada partido convértese nunha lección de vida onde Os Nosos non só xogan co balón nos pés, senón co corazón por diante.Sobre o céspede respíranse valores que fan grande a este deporte: o compañeirismo que une aos equipos, o respecto que nace en cada saúdo, a inclusión que abre as portas a todos e a superación que se reflicte en cada esforzo.Cada pase, cada sorriso e cada abrazo lembran que o fútbol ten o poder de emocionar, de unir e de derrubar barreiras.O programa de actividades para Os Nosos arrincou este sábado 7 de marzo pola mañá cun acto institucional de benvida no Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini'.Alí, o Dépor Genuine foi recibido oficialmente por representantes institucionais do Sporting e da cidade de Gijón.Pola tarde arrincou a competición para os branquiazuis.LaLiga Genuine está composta por 50 equipos divididos en 3 grupos: Deportividade, Respecto e Compañeirismo.De aquí saen 2 campións: un de competición e outro de 'Fair Play'.Os partidos están divididos en 4 partes de 10 minutos cada unha.Cada parte gañada suma 1 punto mentres que a empatada ou perdida, 0.Os rivais do Dépor Genuine nesta 2ª fase son a Real Sociedad Fundazioa e o CA Osasuna, con este calendario e resultados:Sábado 7 de marzoREAL SOCIEDAD FUNDAZIOA 2 - DÉPOR GENUINE 1Domingo 8 de marzo10:00: DÉPOR GENUINE - CA OSASUNA