RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os alumnos da Dépor Coaching Academy reencóntranse coa historia coa visita ao Museo & Tour do RC Deportivo

FUNDACIÓN · 20 ABRIL 2026

OS ALUMNOS DA DÉPOR COACHING ACADEMY REENCÓNTRANSE COA HISTORIA COA VISITA AO MUSEO & TOUR DO RC DEPORTIVO

Os alumnos da Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy) viviron unha xornada moi especial coa visita ao Museo & Tour do RC Deportivo.Formarse na escola non é só adquirir coñecementos técnicos ou metodolóxicos senón que tamén supón vivir o Dépor desde dentro, entender a súa historia, a súa identidade e sentir o que significa pertencer a un club con alma.Percorrer os momentos máis emblemáticos, coñecer de preto o legado do Dépor e conectar coa súa cultura converte a aprendizaxe nunha experiencia única, real e transformadora.A Dépor Coaching Academy forma adestradores preparados para marcar a diferenza dentro e fóra do campo.

Importantes vantaxesA Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy) é un centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005).Baseada no Método Dépor, ofrece unha serie de importantes vantaxes:-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.-As prácticas están garantidas no RC Deportivo.-Acceso a bolsa de traballo no club.-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado...-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.Pide información enviando un email a [email protected] ou ben chamando ao 689 618 558.Máis información nesta .