RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Real Valladolid Promesas cóase na festa de despedida no campo Arsenio Iglesias do Fabril: 0-1

DÉPOR FABRIL · 26 ABRIL 2026

O REAL VALLADOLID PROMESAS CÓASE NA FESTA DE DESPEDIDA NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS DO FABRIL: 0-1

O Fabril caeu (0-1) este domingo 26 de abril ante o Real Valladolid Promesas o seu último partido, penúltimo, de liga no campo Arsenio Iglesias na súa única derrota desde o pasado mes de novembro."Están a competir por salvarse e notouse a diferenza competitiva. O equipo adestrara ben e pensaba que podía competir mellor", apuntou Manuel Pablo na sala de prensa.Con este resultado, os fabrilistas quedan con 69 puntos por 55 do 2º clasificado, o Oviedo Vetusta.Foron baixa para o encontro os lesionados Damián Canedo, Manu Ferreiro, Jaime Garrido, Pablo Cortés, Aarón, Hugo Ríos e Quique Teijo, con molestias na musculatura isquiotibilal; ademais de Bil, en dinámica do primeiro equipo.Con todo iso, foron novidades no once o porteiro Brais, Hugo Torres ou o xuvenil Íker Gil, neste caso por primeira vez.Pola súa banda, o Real Valladolid Promesas chegaba ao Dépor Training Center en plena loita por evitar o descenso, en 15ª posición con 39 puntos, a 2 do posto de play off de permanencia.A primeira do partido foi para o pucelano Riki, que encara a Brais e téntalle picar a pelota. O meta coruñés adiviña a intención do valisoletano e logra atallar a pelota.Respondeu Íker Gil, titular neste partido, pero o seu disparo dentro da área á media volta pega no traveseiro após tocar nun defensa do Promesas.Pouco despois, primeiro Riki e despois Brian topáronse co capitán do Fabril Brais, sobresaliente durante os 90 minutos.A última da primeira metade foi para Brian aínda que sen puntaría.Con empate sen goles chegouse ao descanso."Estivemos mellor, xogando ben pero non acabamos de finalizar as xogadas", resumiu o adestrador do filial.Após o paso polos vestiarios, "custounos bastante", subliñou o preparador fabrilista.O Real Valladolid Promesas, consciente de que só lle valía o triunfo, lanzouse a por o partido e comezou a acumular ocasións, na súa maior parte protagonizadas por Brian e Ivorra.Adiantáronse os valisoletanos no minuto 66. Riki mete en profundidade a Ivorra quen, libre de marca, supera a Brais no man a man.Manuel Pablo saca a artillaría. Mane e Fabi saltan ao campo por Hugo Torres e Héctor Areosa."A base de últimos esforzos tentamos ter situacións de gol pero non estivemos cómodos, con moitas perdas en inicio, en xogo e eles tiveron moitas transicións para facernos dano", admitiu Manuel Pablo.O Fabril rozou o empate cunha cabezada de Vilela no minuto 92 que se foi fóra por moi pouco.Finalizado o encontro, e a pesar do resultado totalmente intranscendente, o cadro ao completo do Fabril festexou na súa casa, o campo Arsenio Iglesias, o título cultivado. Non faltou o cava e por suposto o trofeo de campión recollido o pasado luns 20 de abril en ABANCA-RIAZOR.O vindeiro domingo 3 de maio ás 12:00, o filial conclúe esta histórica temporada no Estadio Municipal Adolfo Suárez ante o Real Ávila CF.Fabril: Brais, Pablo García (Mario Hermo, min. 60), Samuel, Vilela, Hugo Torres (Mane, min. 72), Dani Estévez, Noé (Enrique, min. 60), Nájera, Héctor Areosa (Fabi, min. 72), Íker Gil (Dipanda, min. 60) e DomínguezReal Valladolid Promesas: De Pablo, Ivorra (Galante, min. 79), Brain, Sergi (César Porras, min. 69), Riki (Sani, min. 69), Murcia, Aranda, Flores, Rulo, Cebri e Galde (Arco, min. 79)Árbitro: David Ruiz, do comité cántabro. Amoestou a Flores (min. 19), Noé (min. 52), Vilela (min. 63), Mario Hermo (min. 86) e Fabi (min. 90),Goles: 0-1 Ivorra (min. 66)Incidencias: último partido do Fabril no estadio Arsenio Iglesias na presente liga