
FUNDACIÓN · 12 ABRIL 2026
O FK VELEZ MOSTAR, ÚLTIMA ESCALA DA RC DEPORTIVO FUNDACIÓN EN BOSNIA E HERZEGOVINA
A RC Deportivo Fundación concluíu a súa axenda internacional en Bosnia e Herzegovina dentro do marco do programa Erasmus+, reforzando vínculos con clubs e institucións do país.Para pechar esta expedición, a delegación deportivista, integrada por Álex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais, e Laura Mella, adestradora da RC Deportivo Fundación, visitou as instalacións do FK Velez Mostar, entidade que compite na máxima categoría do fútbol bosníaco.Durante a visita, o club local mostrou o seu modelo de traballo e as súas instalacións, e os representantes branquiazuis tiveron ademais a oportunidade de asistir a un partido de liga.Desde a RC Deportivo Fundación queremos agradecer a hospitalidade e predisposición mostrada polo FK Velez Mostar, así como a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias nunha contorna profesional.Este tipo de encontros pon o broche final a unha expedición moi enriquecedora, fortalecendo a cooperación internacional e o intercambio de boas prácticas dentro do ámbito deportivo.

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...