
DÉPOR FABRIL · 21 ABRIL 2026
O FABRIL RECIBIU A COPA DE CAMPIÓN DE LIGA ENTRE O RECOÑECEMENTO DE ABANCA-RIAZOR
Hai momentos que transcenden o resultado, instantes que quedan gravados para sempre na memoria dunha afección.Nos prolegómenos do partido ante o CD Mirandés, o Fabril viviu un deses recordos indelebles no céspede do Estadio ABANCA-RIAZOR.Os campións, lucindo unha camiseta conmemorativa co lema 'Unha canteira de Primeira', saltaron ao campo non só como un equipo, senón como o reflexo de todo un club. E fixérono atravesando un corredor de bandeiras do Dépor, sostidas con orgullo e ilusión polos nenos e nenas das Escolas RC Deportivo.Miradas cheas de soños, mans pequenas ondeando cores xigantes... o presente e o futuro unidos nun mesmo latexado.O Fabril recibiu a copa de campión de mans de Pablo Prieto, presidente da Federación Galega de Fútbol, un premio que simboliza moito máis que unha temporada brillante: representa o camiño, a identidade e a forza dunha canteira que nunca deixa de crer.Foi un recoñecemento ao traballo, ao sacrificio e ao talento que brota do Dépor Training Center.O aplauso de ABANCA-RIAZOR foi o abrazo de ANOSAFORZA. Cando a Fabril gana, gaña o Deportivo. E cando os máis novos soñan, o futuro xa está en marcha.

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...