RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor Genuine participa esta fin de semana en Gijon na segunda fase de LaLiga Genuine Moeve

DÉPOR GENUINE · 6 MARZO 2026

O DÉPOR GENUINE PARTICIPA ESTA FIN DE SEMANA EN GIJON NA SEGUNDA FASE DE LALIGA GENUINE MOEVE

-Foto: LaLiga GenuineO Dépor Genuine participa esta fin de semana na segunda fase da temporada 2025-26 de LaLiga Genuine Moeve, unha competición para persoas con discapacidade intelectual posta en marcha pola Fundación LaLiga, co Sporting de Gijón como equipo anfitrión.Esta competición promove valores como o compañeirismo, respecto, inclusión e superación.Os xogadores e xogadoras atopan un espazo onde mostrar o seu talento e gozar do fútbol con orgullo. Os clubs reforzan o seu compromiso social e abren as súas portas á inclusión. As familias comparten viaxes, emocións e amizades únicas. E as afeccións descobren un fútbol auténtico, cheo de valores e de ilusión.O programa de actividades para Os Nosos arrinca o sábado 7 de marzo pola mañá cun acto institucional de benvida no Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini'.Alí, o Dépor Genuine será recibido oficialmente por representantes institucionais do Sporting e da cidade de Gijón.Pola tarde arrincará a competición para os branquiazuis.

LaLiga Genuine está composta por 50 equipos divididos en 3 grupos: Deportividad, Respeto e Compañerismo.De aquí sairán 2 campións: un de competición e outro de 'Fair Play'.Os partidos están divididos en 4 partes de 10 minutos cada unha.Cada parte gañada suma 1 punto mentres que a empatada ou perdida, 0.Os rivais do Dépor Genuine nesta 2ª fase son a Real Sociedad Fundazioa e o CA Osasuna, con este calendario:Sábado 7 de marzo16:00: REAL SOCIEDAD FUNDAZIOA - DÉPOR GENUINEDomingo 8 de marzo10:00: DÉPOR GENUINE - CA OSASUNA