RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor Genuine arrincou 'A Nosa Champions' en Ourense co Vilagarcía SD, Racing de Ferrol e Racing Villalbés como rivais

DÉPOR GENUINE · 11 ABRIL 2026

O DÉPOR GENUINE ARRINCOU 'A NOSA CHAMPIONS' EN OURENSE CO VILAGARCÍA SD, RACING DE FERROL E RACING VILLALBÉS COMO RIVAIS

O Dépor Genuine arrincou esta fin de semana a súa participación en A Nosa Champions, unha competición impulsada pola Federación Galega de Fútbol, sen ánimo competitivo, que fomenta a participación de equipos formados por persoas con discapacidade inteletual.O obxectivo é promocionar o fútbol entre as persoas con diferentes capacidades co fin de concienciar de que o deporte rei non pon barreiras a ninguén.Os convocados por Os Nosos foron os seguintes: Chema, Dani Trasancos, Saúl, Iván, Carmen, Álvaro López, Nuria, Mario, Gabriel López, Camilo, Miguel, Pablo García, Pablo Abella e Pablo Gudín. Lucía Otero e Iago Carro foron os adestradores.Os rivais dos branquiazuis foron o Vilagarcía SD, Racing de Ferrol e Racing Villalbés.Os resultados do Dépor Genuine nesta primeira sede en Ourense, co Pabellón Ourense CF como club anfitrión, foron os seguintes:VILAGARCÍA SD 1 - DÉPOR GENUINE 2 (Álvaro López e Miguel)DÉPOR GENUINE 1 (Miguel) - RACING DE FERROL 2DÉPOR GENUINE 3 (Pablo Abella e Miguel -2-) - RACING VILLALBÉS 1A seguinte sede será Vilagarcía, o 9 de maio.