RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B, coa salvación conseguida, finaliza a liga con derrota ante o Sporting de Gijón no Dépor Training Center

CANTERA · 25 ABRIL 2026

O DÉPOR ABANCA B, COA SALVACIÓN CONSEGUIDA, FINALIZA A LIGA CON DERROTA ANTE O SPORTING DE GIJÓN NO DÉPOR TRAINING CENTER

O Dépor ABANCA B, coa permanencia lograda matematicamente a pasada fin de semana en Eibar, concluíu a liga con derrota (1-2) ante o Sporting de Gijón no Dépor Training Center.Adiantáronse as asturianas á media hora de xogo, resultado co que se chegou ao descanso.Após o paso polos vestiarios, o Sporting aumentou a diferenza, co que parecía que o partido estaba sentenciado.Laura Tubío, que relevara a Sonsoles, puxo o 1-2 no minuto 88 e a emoción nos minutos finais; aínda que faltou tempo para polo menos sumar 1 punto.As branquiazuis finalizan a competición con 28 puntos na 10ª posición, con 7 partidos gañados, 7 empatados e 11 perdidos; con 31 goles marcados por 38 encaixados. Karla Bermejo, con 9 goles en 10 partidos, foi a máxima anotadora despois de chegar ao equipo no mercado invernal.A boa noticia no vestiario deportivista protagonízaa Antía Veiga, que recibiu a convocatoria para disputar coa seleccion española sub-17 o Campionato de Europa, do 2 ao 17 de maio en Irlanda del Norte.A canteirá branquiazul concentrarase o martes 28 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) até o sábado 2 de maio, día no que as internacionais sub-17 porán rumbo a Belfast.Finlandia, Francia e Polonia serán as rivais de España no grupo B da primeira fase.Deportivo ABANCA B: Martina, Noe Mayo, Paula Novo, Carmen (Laura Ruiz, min. 46), Sara Cercido (Yanis Citoula, min. 60), Sonsoles (Laura Tubío, min. 85), Lucía Mariño, Valbuena, Karla, Jenny Corros (Laura Otero, min. 80) e Claudia Sande (Emma, min. 60)Os resultados do Dépor ABANCA B nesta liga foron os seguintes:Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 0 - Burgos CF 1Atlético de Madrid C 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 1 (Jenny Corros) - Bizkerre Club 6Real Sociedad B 5 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 1 - Real Racing Club 0Madrid CFF B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Jenny Corros e Carmen)Deportivo ABANCA B 2 (Karla -2-) - Real Avilés Industrial 2Athletic Club B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Karla -2-)Olímpico de León 2 - Deportivo ABANCAB 2 (Daniela Valbuena -2-)Deportivo ABANCA B 1 (Daniela Valbuena) - As Celtas 2Burgos CF 1 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 6 (Jenny Corros, Daniela Valbuena -2-, Laura Ruiz e Karla -2-) - Atlético Villalonga FF 0SD Eibar B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Jenny Corros e Karla -2-)Deportivo ABANCA B 1 (Laura Tubío) - Sporting de Gijón 2