
DÉPOR FABRIL · 13 ABRIL 2026
O ASCENSO DO FABRIL, "O TRIUNFO DUN MODELO, DUNHA IDEA"
Ismael Arilla, o técnico Manuel Pablo e o capitán Hugo Ríos compareceron na sala de prensa do Dépor Training Center confirmado matematicamente o título de Segunda Federación e o ascenso do Fabril a Primera Federación.Precisamente o Director de Fútbol Formativo recalca que "é un traballo de moitos anos, de moita xente, da suma de esforzos de moitas persoas, de dous equipos de traballo: o que lidera Manuel Pablo pero toda a xente que ten detrás no día a día e no esforzo que fixo o Club con algunha mellora a nivel psicolóxico..."Lembrou que a principio de temporada "saíron xogadores importantes o ano pasado, tamén xogadores que podían quedarse e que decidimos que xogasen en Primera RFEF. Apostamos por ser valentes. A simbiose, a confianza con Manuel Pablo e Juan Villamisar é total. Coincidimos en todo. E o día a día fixo que se consiga este éxito".Admite que "como canteira refórzanos moito. Agora empeza un proxecto complicado tamén pero é o triunfo dun modelo, dunha idea".Ismael Arilla opina que o ascenso do Fabril é "unha mensaxe á canteira en canto á paciencia, ao traballo diario, ao seguir perseguindo ese soño, ao estar preparado para cando chegue a oportunidade".Conclúe que "ascendemos a unha categoría onde o salto é moi grande pero é un triunfo dunha idea, dun modelo, da aposta do Club en canto a instalacións, a medios, a crenza".Manuel Pablo confesa que se tomou este ascenso "con total tranquilidade. É algo que persegues, o facer as cousas ben. Despois unhas veces consegues as cousas e outras non. Levo 5 ou 6 anos adestrando. As cousas foron ben pero non conseguimos nada. Esta é a primeira vez que consigo algo. Sinto que estamos a traballar ben e iso é o importante. Despois se veñen os éxitos ou non non sempre vai ser así".Por conseguinte, asegura que "me centro máis no que podo mellorar, no que podo inculcar aos rapaces e no día a día que é a base de todo. Entón non miro grandes metas que alcanzar senón en tentar facer as cousas ben".Ademais, cre que "é un traballo que non é só meu. Empeza desde que eles son nenos. Hugo Ríos estivo aquí desde o principio, tivo moitos adestradores, formadores... Para min é o éxito da canteira, moita xente desde o inicio, desde que chegan aquí desde pequeniños".Finalmente Hugo Ríos subliña que a clave do éxito é o grupo: "daba igual quen xogase, rendía ao seu máximo nivel. Iso axudounos a sacar os partidos adiante. E a idea de xogo, que eu estiven con Manuel Pablo en xuvenís, é algo que levamos traballando hai moitísimos anos. Todo iso axuda a que as cousas vaian ben e que se obteñan resultados".O gardameta de Ordes vaticina un salto "difícil. Somos un equipo novo. Tentaremos competir e a idea de xogo imaxino que seguirá sendo a mesma".

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...