RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo asegura que o Fabril, xa campión, "vai seguir na mesma liña"

DÉPOR FABRIL · 24 ABRIL 2026

MANUEL PABLO ASEGURA QUE O FABRIL, XA CAMPIÓN, "VAI SEGUIR NA MESMA LIÑA"

Manuel Pablo asegura que o Fabril, conseguido o título de Segunda Federación e o ascenso, "vai seguir na mesma liña", e pon como exemplo o partido da pasada fin de semana ante o Salamanca CF UDS, "que se xogaba as súas opcións de estar en play off".O técnico fabrilista lembra que hai obxectivos que cumprir como "o de conseguir máis vitorias, máis goles, encaixar os menos posibles... obxectivos colectivos como individuais. Esa é a liña a seguir".Asegura que "estamos a adestrar na mesma liña que viñamos antes porque somos ambiciosos nese sentido".Define ao Real Valladolid Promesas, rival este domingo 26 de abril ás 12:00 () no campo Arsenio Iglesias como "un equipo que leva 1 gol menos que nós. Ofensivamente teñen calidade como todos os filiais. É verdade que defensivamente sofren".Así pois, as claves do encontro para Manuel Pablo están en "tentar estar xuntos, non cometer perdas en situacións de inicio e tentar facer dano en ataque".