
DÉPOR FABRIL · 17 ABRIL 2026
MANUEL PABLO ASEGURA QUE EN SALAMANCA "IMOS TER UN BLOQUE COMPETITIVO PORQUE OS RAPACES ADESTRARON MOI BEN"
Manuel Pablo asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que a idea este domingo 19 de abril ás 17:00 en El Helmántico ante o Salamanca CF UDS é "tentar protexer a algúns xogadores que poidan estar máis tocados ou máis no límite e ir variando un pouco".O técnico fabrilista subliña que "queremos ser competitivos pero hai algúns casos con xogadores ao límite; e non arriscar sobre todo nesta primeira semana despois do ascenso".Cre que "imos ter un bloque competitivo porque os rapaces adestraron moi ben".Manuel Pablo confesa que non está a mirar a temporada que vén: "Queda moito. Poden pasar moitas cousas. Estou centrado en querer marcarnos obxectivos como equipo".Recalca que "nos temos que marcar obxectivos como grupo. Seguir ampliando esa xeira (19 partidos sen perder). Fóra de casa só gañamos 1 partido na segunda volta. Nese sentido queremos máis. Non me imaxino outra cousa que non sexamos competitivos de aquí ao final pola imaxe e por todo".Insiste finalmente en "ter ambición de non deixarnos caer. Pode quedar feo e a min non me gusta. É difícil durante a semana telos concenrtrados pero estamos a tentalo. Unha vez que chegue o partido o que queren é xogar, competir. E iso é o importante".

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...