
FUNDACIÓN · 19 ABRIL 2026
LISTAXE DE PARTICIPANTES NA BANCADA SOLIDARIA DO DÉPOR - CD MIRANDÉS
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste luns 20 de abril (20:30) fronte ao CD Mirandés, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Fundación Érguete Integración, Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), Fundación Osga Re-Integra, Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, Hospital de Día de Oza, Asociación Baltasar Pardal, Cáritas, Comité Ciudadado Antisida da Coruña (CASCO), Viraventos e Mentalia Coruña.Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta .

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...