RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso cre que o Dépor ABANCA "vai acabar a temporada moito mellor do que estamos agora"

DÉPOR ABANCA · 24 ABRIL 2026

FRAN ALONSO CRE QUE O DÉPOR ABANCA "VAI ACABAR A TEMPORADA MOITO MELLOR DO QUE ESTAMOS AGORA"

Fran Alonso advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center que o Alhama CF, rival este domingo 26 de abril ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR, "xógase a vida. O partido da primeira volta foi o noso peor partido do ano. Superáronnos moitísimo en intensidade, gañáronnos todas as segundas accións".Cre que o conxunto murciano "é un equipo moi vertical, con moitísima velocidade nas bandas, que moitas veces esa primeira liña de presión queda descolgada así que calquera perda pódese traducir nunha ocasión".O técnico deportivista pide "estar moi ben nesas primeiras e segundas accións, moi concentradas. Estamos con moitísima ilusión de gañar".Así pois espera un Alhama CF que "o vai a dar todo, vai loitar cada balón porque se xoga estar en Liga F".Salvado xa matematicamente o equipo do descenso, Fran Alonso quere "demostrar que o compromiso con este escudo é ao 100%. A pesar de que cumprimos o primeiro obxectivo, é un club ambicioso, somos un equipo ambicioso e queremos seguir crecendo".Está convencido que o Dépor ABANCA "vai acabar a temporada moito mellor do que estamos agora, imos tentar escalar posicións e seguir mellorando ese modelo de xogo, que fomos de menos a máis esta temporada".Finalmente o adestrador branquiazul márcase como obxectivos nesta recta final "o desenvolvemento constante. Iso é innegociable. Até o último partido de liga temos que loitar para crecer individualmente como futbolistas, como adestradores e logo que o Club siga crecendo, siga sumando".Lembra que "agora mesmo o obxectivo prioritario é, gañando, pornos na 11ª praza, adiantamos ao RCD Espanyol, que nos saca 2 puntos. E ese é un obxectivo moi bo. Conseguido ese porémonos o seguinte. Queremos sumar os máximos puntos posibles nestes partidos que quedan ademais de seguir xogando ben, seguir sendo valentes, limitar o número de imprecisións que tivemos... Temos os nosos obxectivos en cada partido pero co obxectivo de seguir crecendo".