
DÉPOR FABRIL · 19 ABRIL 2026
ABANCA-RIAZOR HOMENAXEA AO FABRIL, QUE RECIBIRÁ MINUTOS ANTES DO PARTIDO DO DÉPOR ANTE O CD MIRANDÉS A COPA DE CAMPIÓN DE SEGUNDA FEDERACIÓN
O Fabril recibirá o agarimo de ABANCA-RIAZOR nos prolegómenos do partido ante o CD Mirandés deste luns 20 de abril ás 20:30.O filial deportivista recollerá de mans de Pablo Prieto, presidente da Federación Galega de Fútbol, o trofeo que o acredita como campión do grupo 1º de Segunda Federación.Este grupo de xogadores representa o futuro, o esforzo, o talento e a ilusión dunha canteira que latexa coa mesma forza que a bancada.É un logro que merece ser celebrado como se merece: con ABANCA-RIAZOR cheo, con aplausos que retumben e co orgullo de toda unha cidade.Por iso, o RC Deportivo quere pedir algo moi sinxelo pero moi importante: que cada deportivista ocupe o seu asento media hora antes do inicio para formar parte deste recoñecemento.Desta forma, os xogadores do Fabril sentirán a calor de ANOSAFORZA, saberán que detrás de cada paso que dan está toda a familia branquiazul.

"120 años sin dar nada por sentado", el 'brand' video del RC ...

O Dépor ABANCA prepara desde este mércores 29 no Dépor Traini...

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA...

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os se...

O Dépor arrincou esta tarde no Dépor Training Center unha sem...

Fran Alonso: "O equipo demostrou desde o minuto 25 que quería...