
DÉPOR · 21 XANEIRO 2026
TODO O CADRO SOBRE O CÉSPEDE NA VOLTA AOS ADESTRAMENTOS DE OS NOSOS, "FORTES, COMPETINDO MOI BEN ESTE ÚLTIMO MES"
Antonio Hidalgo atopouse este mércores 21 a todo o cadro sobre o céspede do campo 3 do Dépor Training Center na volta aos adestramentos do Dépor.Os canteiráns Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.En rolda de prensa, Luismi Cruz asegura que "estamos fortes, competindo moi ben este último mes".O atacante deportivista subliña que "confiamos nos compañeiros. Todos imos a un e esperamos sacar os 3 puntos"O corpo técnico dispuxo nesta primeira sesión semanal, após unha activación, un exercicio de posición.A continuación houbo unha tarefa de duelos con finalizacións.

Neste aspecto o encontro da pasada fin de semana en Almería foi o partido con maior número de remates orixinados en posesións iniciadas en campo propio, cun total de 14. Esta cifra marca o rexistro máis alto do equipo esta temporada. O segundo partido con máis remates neste tipo de accións quedou en 10.A xornada concluíu cun traballo táctico no campo 2 e partidos en espazo reducido, de alta intensidade; tarefas nas que non participaron Yeremay, Eddahchouri e Patiño por control de carga.Precisamente o futbolista canario suma 17 asistencias en 121 partidos oficiais, iguala a Djalminha (181 partidos) e Diego Tristán (253 partidos) neste apartado.Na presente temporada, ademais, xa acumula 7 asistencias, superando as 5 logradas na campaña anterior.Este xoves, Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 no Dépor Training Center.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...