
FUNDACIÓN · 27 XANEIRO 2026
O MÉTODO DÉPOR CHEGA A BRATISLAVA NO MARCO DO PROXECTO HER FUTBOL FUTURE
Dentro do proxecto Her Futbol Future, cofinanciado pola Unión Europea e deseñado para empoderar a nenas e mulleres a través do fútbol, o RC Deportivo viaxou recentemente a Bratislava representado por David Lagar, responsable de Estratexias Formativas; e Guillermo Vidal, membro do Departamento de Patrocinios do Club.Lagar tivo a oportunidade de dirixir un adestramento enfocado en aspectos técnicos e tácticos aplicando o Método Dépor, co obxectivo de compartir coñecemento, experiencias e boas prácticas para o desenvolvemento do fútbol feminino.Esta experiencia internacional reforza o compromiso do RC Deportivo coa formación, a igualdade e a promoción do fútbol feminino, valores que guían a nosa filosofía deportiva.O RC Deportivo quere agradecer a Bratislavia polo seu excelente acollida e por contribuír a facer do fútbol un vehículo de crecemento e oportunidades para nenas e mulleres en Europa.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...

Os Nosos, convencidos que "non quedamos tocados", encara a vi...