
FUNDACIÓN · 27 XANEIRO 2026
OS PROFESIONAIS DO RC DEPORTIVO RECIBEN UNHA FORMACIÓN PARA O EMPREGO DO DESFRIBRILADOR EXTERNO SEMIAUTOMÁTICO (DESA)
O Dépor Training Center acolleu estes días unha formación para o DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático) impartida por Cruz Vermella, en colaboración coa RC Deportivo Fundación.A acción formativa estivo dirixida aos fisioterapeutas do RC Deportivo, así como a persoal da propia Fundación, reforzando a súa capacitación ante posibles situacións de emerxencia sanitaria.A formación combinou contidos teóricos e prácticos centrados na identificación dunha parada cardiorrespiratoria, a correcta utilización do DESA e a aplicación de manobras básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), conforme aos protocolos de actuación vixentes.Esta iniciativa enmárcase dentro do plan estratéxico da RC Deportivo Fundación en materia de promoción da saúde e prevención, apostando pola formación continua dos profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito deportivo.A través deste tipo de accións, a Fundación reforza o seu compromiso coa creación de contornas seguras e cardioprotegidos, así como coa sensibilización sobre a importancia dunha resposta rápida e eficaz ante emerxencias de saúde.

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...

Os Nosos, convencidos que "non quedamos tocados", encara a vi...