
DÉPOR · 27 XANEIRO 2026
O RC DEPORTIVO INCORPORA A MATCHWORNSHIRT COMO NOVO PATROCINADOR
O RC Deportivo e MatchWornShirt alcanzaron un acordo de patrocinio polo que a compañía se converte en novo patrocinador oficial do Club.Esta alianza permitirá pór en marcha iniciativas conxuntas vinculadas á valorización de equipamentos utilizados polos xogadores e ao desenvolvemento de experiencias dirixidas á afección, sempre dentro do marco dos proxectos dixitais e internacionais da entidade.Fundada en 2017, MatchWornShirt consolidouse como unha plataforma de referencia no ámbito dos equipamentos deportivos utilizados e asinados, colaborando con máis de 350 entidades deportivas en todo o mundo e ampliando a súa actividade a distintas disciplinas máis aló do fútbol.Este acordo permite ao Dépor continuar consolidando o seu ecosistema de colaboradores, incorporando un partner experto que contribuirá a impulsar a visibilidade global da entidade e a súa relación cos afeccionados.

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

Os Nosos, convencidos que "non quedamos tocados", encara a vi...