RCDeportivo Logo
Suspendidos pola alerta meteorolóxica os dous partidos deste sábado 24 en ANOSACANTEIRA feminina, que retoma a actividade o domingo 25 con outros dous encontros

CANTERA · 23 XANEIRO 2026

SUSPENDIDOS POLA ALERTA METEOROLÓXICA OS DOUS PARTIDOS DESTE SÁBADO 24 EN ANOSACANTEIRA FEMININA, QUE RETOMA A ACTIVIDADE O DOMINGO 25 CON OUTROS DOUS ENCONTROS

A alerta meteorolóxica provocada pola borrasca Ingrid motivou a suspensión de 2 encontros previstos este sábado 24 en ANOSACANTEIRA feminina: o do Orzán SD Cadete fronte á SCD Milagrosa e o do Orzán SD Infantil A ante o Victoria CF.O domingo 25 de xaneiro si se xogarán os outros 2 choques.En Primera Autonómica o Orzán SD Xuvenil recibe ao Xallas FC (18:00 na Torre) e no grupo 2º da Liga Galega infantil o Orzán SD Infantil B visita ao SCD Pastoriza (12:00 no Municipal de Pastoriza).Finalmente teñen descanso o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21.O filial deportivista chega a este parón na 11ª posición da Segunda Federación con 15 puntos e coa alegría da convocatoria da canteirá Lucía Rivas, xa en dinámica do primeiro equipo, para uns adestramentos coa selección española sub-19.Así pois, o calendario de partidos queda desta maneira:Segunda FederaciónClasificación: ... 10. Bizkerre Club, 16 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 15 puntos, 12. Olímpico de León, 12 puntos...Tercera FederaciónClasificación: ... 6. Victoria FC, 25 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 17 puntos; 8. Tomiño FC Femenino, 16 puntos...Primera Autonómica15ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - XALLAS FC, o domingo 25 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 1)Clasificación: ... 12. Xallas FC, 11 puntos; 13. SCD Pastoriza e Sporting Burgo, 10 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 16. Sárdoma CF B, 4 puntosLiga Galega cadete13º xornada: ORZÁN SD CADETE - SCD MILAGROSA, aprazadoClasificación: 1. Victoria CF, 31 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 29 puntos; 3. SCD Milagrosa, 27 puntos...Liga Galega infantil13º xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - VICTORIA CF, aprazadoGrupo 1º, clasificación: 1. Orzán SD Infantil A, 31 puntos 2. Racing de Ferrol, 28 puntos; 3. Victoria CF, 27 puntos...13º xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 25 de xaneiro ás 12:00 no campo municipal de Pastoriza (Arteixo)Grupo 2º, clasificación: ... 2. SCD Pastoriza, 28 puntos... 4. UD Cerqueda, 20 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 19 puntos; 6. UC Cee e AD Cristo Rey, 13 puntos...