
DÉPOR · 9 DECEMBRO 2025
SEMANA DE OS NOSOS PARA "SEGUIR TODOS XUNTOS TRABALLANDO NO DÍA A DÍA" PARA O PARTIDO ANTE A REAL SOCIEDAD B EN ABANCA-RIAZOR
O Dépor, este martes 9 de decembro con traballo complementario orientado a lesionados e a futbolistas con plans específicos de adestramento, arrincará este mércores 10 de decembro a preparación do seguinte partido ligueiro, a visita da Real Sociedad B a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 14 de decembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).Os resultados da última xornada, coa derrota ante o CD Castellón, deixaron a Os Nosos na 2ª posición con 32 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º); e a 3 puntos do Real Racing Club, líder con 35.Miguel Loureiro pide asumir ese resultado adverso "con calma, con naturalidade. Analizalo con calma durante a semana como facemos cando gañamos tamén".Insiste en "seguir todos xuntos traballando no día a día como vimos facendo para encarar o partido ante a Real B con ganas e con moita forza".O defensor deportivista asegura que a acción do segundo gol castellonenco, nun remate dun córner dun futbolista que acababa de saír do banco, "verémola durante a semana e trataremos de traballalas como facemos antes de cada partido".Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballo matinais entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center con esta planificación:Mércores 10 de decembro10:30 h.Xoves 11 de decembro10:30 h.Venres 12 de decembro10:30 h.Sábado 13 de decembro10:30 h.Domingo 14 de decembro14:00: Deportivo - Real Sociedad B, en ABANCA-RIAZOR


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...