
CANTERA · 25 XANEIRO 2026
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO CON TRIUNFO DO ORZÁN SD XUVENIL EN PRIMERA AUTONÓMICA
A alerta meteorolóxica provocada pola borrasca Ingrid motivou a suspensión de 2 encontros previstos este sábado 24 en ANOSACANTEIRA feminina: o do Orzán SD Cadete fronte á SCD Milagrosa e o do Orzán SD Infantil A ante o Victoria CF.Este domingo 25 de xaneiro si se xogarán os outros 2 choques.En Primera Autonómica o Orzán SD Xuvenil impúxose ao Xallas FC (1-0) na Torre e suma 9 puntos na 15ª posición da táboa.E no grupo 2º da Liga Galega infantil o Orzán SD Infantil B empatou (1-1) na súa visita ao SCD Pastoriza.Finalmente tiveron descanso esta fin de semana o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21.O filial deportivista chegou a este parón na 11ª posición da Segunda Federación con 15 puntos e coa alegría da convocatoria das canteirás Lucía Rivas e Redru, xa en dinámica do primeiro equipo, para uns adestramentos coa selección española sub-19.Os resultados foron os seguintes:Primera Autonómica15ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carmen Couto) - XALLAS FC 0Liga Galega cadete13º xornada: ORZÁN SD CADETE - SCD MILAGROSA, aprazadoLiga Galega infantilGrupo 1º, 13º xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - VICTORIA CF, aprazadoGrupo 2º, 13º xornada: SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Claudia García)

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...