
DÉPOR FABRIL · 7 AGOSTO 2024
PROBA SATISFACTORIA DO FABRIL ANTE O CD ESTRADENSE
Exame satisfactorio do Fabril en Abegondo ante o CD Estradense (4-0) de Tercera RFEF no 5º amigable de pretemporada do filial deportivista.Nun partido con moitos cambios, os de Óscar Gilsanz xa mandaban no marcador aos 3 minutos grazas a Guerrero. O propio Guerrero, Dani Estévez e Dylan completaron o marcador.O Fabril puido contar con futbolistas que pola mañá se adestraron ás ordes de Imanol Idiakez, caso da meta Alberto ou de Aarón.Fabril: Alberto Sánchez (Hugo Ríos, min. 46), Quique Teijo (Hugo Torres, min. 46), Aarón Sánchez (Vilela, min. 46 e Dylan, min. 73), Marotías (Samu Fernández, min. 46), Íker Vidal (Pablo Parada, min. 46), Alfaro (Carreira, min. 46), Garrido (Noé, min. 46), Guerrero (Nájera, min. 46), Dani Estévez (Álex Delgado, min. 46), Javi (Hugo Villaverde, min. 46) e Luisao (Domínguez, min. 46).A próxima cita para o cadro fabrilista será este sábado 10 de agosto ás 11:00 na Magdalena ante o Racing Villalbés.Até a data, os resultados dos amigables do Fabril foron os seguintes:Fabril 1 (Jaime Garrido) - Silva SD 0Memorial Lisardo Campos: Atlético Arteixo 0 - Fabril 3 (Noé, Rubén Fernández e Domínguez)CD Lugo 3 - Fabril 0Fabril 1 (Luisao) - Bergantiños CF 0Fabril 4 (Guerrero -2-, Dani Estévez e Dylan) - CD Estradense 0

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...