
CANTERA · 24 XANEIRO 2026
PAULA REDRUELLO ÚNESE A LUCÍA RIVAS NA CONVOCATORIA DUNS ADESTRAMENTOS DA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19
Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) 'Redru' únese a Lucia Rivas Moure (Caldas de Reis, Pontevedra, 23 de agosto de 2007) na convocatoria da selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) do luns 26 ao mércores 28 de xaneiro.Até a data, Redru suma 9 partidos, todos eles de titular, co Deportivo ABANCA B en Segunda Federación, con 1 gol anotado.A canteirá foi titular co primeiro equipo no partido de Copa de la Reina ante o Guiniguada Apolinario CD disputado o pasado 5 de novembro en Las Palmas de Gran Canaria.En Liga F, Paula Redruello participou esta campaña en 9 partidos, 3 deles formando no once inicial.Pola súa banda Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.Debutou co primeiro equipo o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center ante o CD Alba Fundación Femenino. Esta mesma temporada (2023-24), participou noutros 8 encontros co Deportivo ABANCA en Primera Federación Iberdrola.Despois de superar unha lesión de xeonllo que a tivo varios meses á marxe do grupo, esta temporada Lucía Rivas suma 4 partidos en Liga F, todos eles saíndo desde o banco.En Segunda Federación co filial, xogou 7 partidos, 5 deles como titular.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...