
DÉPOR · 6 XANEIRO 2026
OS NOSOS, "COA CABEZA ARRIBA", COMEZAN ESTE MÉRCORES 7 DE XANEIRO A PREPARAR A VISITA DO SÁBADO 10 Á UD LAS PALMAS
Os Nosos comezan este mércores 7 de xaneiro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita á UD Las Palmas prevista para este sábado 10 de xaneiro ás 18:30 (17:30 hora local, LaLiga TV Hypermotion, GOL, TEN e Cayo TV) no Estadio Gran Canaria.David Mella, na zona mixta de ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, cre que hai que ter "a cabeza arriba, adestrar día a día e pensar no seguinte partido".Atribúe o canteirán ás "xeiras que ten o fútbol" esta serie de partidos que o Dépor leva sen coñecer a vitoria.Con 33 puntos, os branquiazuis son quintos na táboa de LaLiga Hypermotion.Antonio Hidalgo disporá esta semana de 3 adestramentos matinais no Dépor Training Center.A sesión do venres 9 adiantarase ás 9:30 posto que nada máis concluír, o Dépor partirá de viaxe a Las Palmas de Gran Canaria.A planificación semanal, susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 7 de xaneiro10:30 h.Xoves 8 de xaneiro10:30 h.Venres 9 de xaneiro9:30 n.Sábado 10 de xaneiro18:30: UD Las Palmas - Deportivo, no Estadio Gran Canaria


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...