
DÉPOR GENUINE · 12 SETEMBRO 2025
O RC DEPORTIVO GENUINE INICIA OS ADESTRAMENTOS CON 34 XOGADORES E XOGADORAS CARGADOS DE ILUSIÓN
O equipo Genuine da Fundación RC Deportivo deu inicio aos seus adestramentos de pretemporada co firme propósito de afrontar unha nova campaña chea de ilusión, compromiso e ganas renovadas.Os branquiazuis, que xa participaron nun torneo en Oviedo e en Carballo, volveron pisar os campos da Cidade Deportiva de La Torre para reencontrase após o descanso estival e empezar a traballar.Para esta temporada, o Dépor Genuine conta con 34 xogadores e xogadoras, que xa están listos para dar o mellor de si mesmos, tanto nos adestramentos como nas competicións que se aveciñan.Entre os principais retos do Dépor Genuine destaca, un ano máis, a súa participación en LaLiga Genuine, competición que combina deporte, valores sociais e inclusión, e na que os nosos xogadores e xogadoras terán a oportunidade de mostrar non só o seu talento deportivo, senón tamén o compromiso cos valores do respecto, a solidariedade e o compañeirismo.

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...