
DÉPOR FABRIL · 16 XANEIRO 2026
O FABRIL REFORZA O SEU CENTRO DO CAMPO CO INTERNACIONAL SENEGALÉS PAPA SAMSOU NIANG
O Fabril reforza o seu centro do campo coa fichaxe até xuño de 2027 de Papa Samsou Niang (Thiès, Senegal, 2 de xaneiro de 2006).Formado no club Keur Madior FC e internacional senegalés, é un centrocampista moi completo tanto na faceta ofensiva como de recuperación de xogo.Destaca pola súa colocación, visión de xogo e intelixencia táctica, sendo capaz de ler o que require o partido en cada momento.Papa Samsou ademais é capaz de achegar equilibrio entre defensa e ataque.Despois de varias semanas traballando no Dépor Training Center baixo a batuta de Manuel Pablo, está xa a disposición do técnico fabrilista de cara á competición.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...