RCDeportivo Logo
O Fabril recibe ao Coruxo FC este sábado 10 ás 16:00 no Arsenio Iglesias no arranque da segunda volta da liga

DÉPOR FABRIL · 9 XANEIRO 2026

O FABRIL RECIBE AO CORUXO FC ESTE SÁBADO 10 ÁS 16:00 NO ARSENIO IGLESIAS NO ARRANQUE DA SEGUNDA VOLTA DA LIGA

O Fabril arrinca a segunda volta en Segunda Federación coa visita do Coruxo FC ao campo Arsenio Iglesias este sábado 10 de xaneiro ás 16:00 ().Os fabrilistas son campións de inverno con 34 puntos, os mesmos que o 2º clasificado, a Gimnástica Segoviana CF."Estamos contentos aínda que houbo momentos de non sacar resultados sobre todo en casa, de custarnos algunha vez pero o rendemento en xeral foi positivo", resumiu Manuel Pablo.O técnico canario pide "seguir nesa dinámica, competir, ser reconocibles, dar boa imaxe. Ás veces chegan os resultados, ás veces non.É baixa por lesión para o encontro Damián Canedo e Manuel Pablo recupera a Vilela, sancionado a pasada fin de semana.O vestiario do Fabril levou ademais a alegría de Samu, citado de novo pola selección española sub-19: "Vai competir igual onde sexa, contra o rival que sexa, e vai estar concentrado 100% contra calquera rival. Alégrome por el. Leva 2 ou 3 anos traballando connosco. Sabemos o que nos dá Samu. Non vaiche a fallar. É un premio para ese traballo que leva anos facendo".Pola súa banda, o Coruxo FC, que a pasada fin de semana goleou en O Vao por 5-1 ao Burgos CF Promesas, é 6º na táboa con 28 puntos.No partido da primeira volta disputado o 14 de setembro venceu o filial deportivista por 0-2 con goles de Nájera e Fabi.Javi Pereira, técnico do Coruxo FC, cualificou ao Fabril como "un dos mellores equipos da liga. Imos a casa do líder".Lembra que na ida "atopámonos superados en determinados momentos, sentiamos peor que eles e agora é un bo momento para saber se conseguimos evolucionar o suficiente como para plantarlles cara".O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.