
DÉPOR GENUINE · 23 NOVEMBRO 2025
O DÉPOR GENUINE CONCLUÍU ANTE O ATLÉTICO DE MADRID UNHA GRAN FIN DE SEMANA DE FÚTBOL INCLUSIVO EN TARRAGONA
O Dépor Genuine concluíu este domingo 23 de novembro ante o Atlético de Madrid unha gran fin de semana en Tarragona, no inicio da 8ª edición de LaLiga Genuine Moeve.Esta competición, organizada pola Fundación LaLiga, promove valores como o compañeirismo, respecto, inclusión e superación.Neste ambiente de festa, Os Nosos participaron en 3 días de diversión nas instalacións do Mediterranean Sports Hub.Os primeiros rivais do Dépor Genuine esta temporada foron o Granada CF, FC Cartagena e Atlético de Madrid.Este domingo venceron os colchoneiros por 2-1 no encontro que pechou esta sede para o Dépor Genuine.Onte sábado Os Nosos derrotaron ao Granada CF por 4-0 e empataron (2-2) co FC Cartagena.Os resultados do Dépor Genuine nesta primeira etapa de LaLiga Genuine foron os seguintes:Sábado 22 de novembroDÉPOR GENUINE 4 - GRANADA CF 0DÉPOR GENUINE 2 - FC CARTAGENA 2Domingo 23 de novembroATLÉTICO DE MADRID 2 - DÉPOR GENUINE 1


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...