
DÉPOR GENUINE · 8 SETEMBRO 2025
O DÉPOR GENUINE ARRINCA A TEMPORADA CUNHA INTENSA FIN DE SEMANA DE PARTIDOS EN OVIEDO E CARBALLO
O Dépor Genuine iniciou a temporada cunha apertada axenda de partidos en Oviedo e Carballo.Así, o venres 5, no Centro Asturiano de Oviedo, Os Nosos participaron nun torneo triangular cos equipos do Real Oviedo Genuine e a Escola Fundación Real Oviedo.Os resultados foron os seguintes:REAL OVIEDO GENUINE 6 - DÉPOR GENUINE 2 (Alonso e Miguel)ESCOLA FUNDACIÓN REAL OVIEDO 1 - DÉPOR GENUINE 7 (Tom -2-, Miguel -2- e Roi -3-)Cita nas Eiroas co Torneo BergantiñosCase sen descanso, o Dépor Genuine xogou o sábado 6 o Torneo de Bergantiños, nesta ocasión co Racing Villalbés como rival.Gañaron os deportivistas por 6-2, con tantos de A. Rey, Mario García -2-, Cives, Pereira e Álvaro López noutra xornada de festa e de fútbol inclusivo.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...