
DÉPOR · 14 XANEIRO 2026
O DÉPOR, "CUN ESFORZO FÍSICO E TÉCNICO MOI ALTO", CAE ANTE O ATLÉTICO GRAZAS A UN GOL DE FALTA MÁIS QUE DUBIDOSO E APÓS "PLANTAR CARA ATÉ O ÚLTIMO SEGUNDO"
Apenas 3 días despois do esixente partido de liga en Las Palmas, o Dépor regresou após 9 anos uns oitavos de final de Copa del Rey este martes 13 ante o poderoso Atlético de Madrid.O triunfo foi para os colchoneiros por 0-1, co que Os Nosos quedan apeados así da competición.Nesta edición de Copa, o conxunto de Antonio Hidalgo eliminou á UD Sámano (1-4), CE Sabadell FC (0-2) e RCD Mallorca (1-0) antes do encontro desta noite.Antonio Hidalgo mostrouse "moi orgulloso dos meus xogadores. O esforzo tanto físico como técnico foi moi alto ante un rival que veu con todo o que ten no seu cadro".A novidade na convocatoria foi o regreso de Sergio Escudero, superada a súa lesión.Seguen de momento sen entrar Daniel Bachmann e Ximo Navarro.Antonio Hidalgo recuperou así mesmo a Loureiro, sancionado en liga en Las Palmas; e Cristian Herrera, ausente no Estadio Gran Canaria por un proceso vírico.Con estas premisas, e con Bil e Noé como representantes de #ANOSACANTEIRA, o once deportivista tivo varios cambios empezando pola portería, con German de novo baixo paus.Saíron tamén de inicio Barcia, Jose Ángel, Patiño, Eddahchouri e Cristian Herrera.Pola súa banda, o Atlético de Madrid, após caer en semifinais da Supercopa, chegaba con 2 días máis de descanso e co firme obxectivo de seguir adiante na competición.Así se mostrou no seu once inicial, con titulares habituais como Pubill, Baena, Llorente, Griezmann ou Julián Álvarez.A primeira ocasión clara foi ao cuarto de hora para Ruggeri, que xutou colocado ao pau esquerdo da meta de Germán.Á media hora, Eddahchouri cabecea ás mans de Musso nunha gran xogada de ataque deportivista.O partido estaba aberto aínda que sen ocasións claras.Aos 41 minutos, Griezmann xuta ao traveseiro da portería de Germán. O internacional francés non o pensou desde fóra da área.Llorente tamén probou fortuna de lonxe, aínda que demasiado alto.Con 0-0 e cunha gran ovación de ANOSAFORZA a Os Nosos chegouse ao descanso.Após o descanso, Antonio Hidalgo comeza a refrescar ao equipo con Luismi e Mulattieri.O Atlético púxose por diante cun lanzamento de falta directa de Griezmann na frontal da área.O capitán Jose Ángel, en zona mixta, opinou que "Cardoso pásaa e aí facémoslle a falta, cando el a pasou xa. Se Sorloth métea polo recanto non creo que pite a falta. Esa é a miña impresión, que o posible empuxón foi cando Cardoso pasáraa".Ademais, a posición de Hancko é dubidosa ao estar situado a menos dun metro da barreira deportivista."Dixémosllo ao árbitro cando puxeron a barreira, que non estaba a un metro e pintou o céspede co espray", desvelou o mediocentro deportivista.O Dépor non se engurrou e lanzouse a por o empate, acurralando por momentos na súa área ao Atlético de Madrid, o terceiro orzamento de Primera División.Yeremay e Noé, o heroe ante o Mallorca, saltan ao céspede.Aos 78 minutos, o canario fai unha xogada individual e Llorente evita o remate franco de Mulattieri.No córner, o dianteiro italiano cabecea lixeiramente alto no que podía ser o empate.Con constantes chegadas do Dépor aínda que sen esa ocasión definitiva para o empate chegouse ao final.Antonio Hidalgo resaltou que "plantamos cara até o último segundo".Deportivo: Germán, Quagliata, Barcia, Lucas Noubi, Alti, Jose Ángel, Mario Soriano (Yeremay, min. 66), Patiño (Bil, min. 84), Mella (Luismi Cruz, min. 57), Cristian Herrera (Mulattieri, min. 57) e Eddahchouri (Noé, min. 66)Atlético de Madrid: Musso, Ruggeri, Molina (Almada, min. 57), Hancko, Pubill, Álex Baena (Pablo Barrios, min. 57), Llorente, Giuliano (Giménez, min. 84), Griezmann e Julián Álvarez (Sorloth, min. 57)Árbitro: De Burgos Bengoechea, do comité vasco. Non amoestou a ningún futbolistaGoles: 0-1 Griezmann (min. 60)Incidencias: Gran ambiente en ABANCA-RIAZOR con presenza de 28.577 espectadores. Jesús Méndez, o que fose utilero do equipo durante máis de 30 anos, foi o encargado de facer o saque de honra

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...