
DÉPOR ABANCA · 20 XANEIRO 2026
O DÉPOR ABANCA ENCARA DESDE ESTE MÉRCORES 21 A VISITA AO DUX LOGROÑO, "UN RIVAL MOI DIFÍCIL A PESAR DO QUE DI A CLASIFICACIÓN"
O Dépor ABANCA comeza este mércores 21 de xaneiro ás 10:30 no Dépor Training Center a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao DUX Logroño prevista para o domingo 25 de xaneiro ás 16:00 (Dazn) en Las Gaunas, correspondente á 17ª xornada na Liga F.Fran Alonso lembra que o partido da primeira volta "custounos bastante en ABANCA-RIAZOR. Tiñamos case gañado con 2-0. Marcamos outro que se anulou e ao final perdemos 2 puntos".Advirte que ante as rioxanas "temos que estar moi concentradas. A pesar de que aínda non conseguiron a vitoria, teñen xogadoras moi perigosas, xogadoras que están a crecer, que se están adaptando á liga española".Por conseguinte, alerta que "vai ser un rival moi difícil a pesar do que di a clasificación (o DUX é penúltimo con 6 puntos)".Os resultados da última xornada deixaron ás Nosas con 14 puntos na 13ª posición da táboa.O corpo técnico espera recuperar a Merle Barth, que non viaxou a Palamós por molestias musculares e pide "ter un pouquiño máis de profundidade no banco"; posto que as futbolistas suplentes a pasada fin de semana ante o FC Badalona Women, salvo a porteira Yohana, eran todas de ANOSACANTEIRA: Eva Dios, Paula Monteagudo, Elena, Paula Novo, Redru e Lucía Rivas.Están previstas ao longo desta semana 4 sesións matinais no Dépor Training Center. A do sábado 24 adiántase ás 9:45 posto que ao concluír, o Dépor ABANCA emprende viaxe a Logroño.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 21 de xaneiro10:30 h.Xoves 22 de xaneiro11:00 h.Venres 23 de xaneiro11:00 h.Sábado 24 de xaneiro9:45 h.Domingo 25 de xaneiro16:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, en Las Gaunas


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...