RCDeportivo Logo
Manuel Pablo márcase como obxectivo na segunda volta "tentar manter este rendemento"

DÉPOR FABRIL · 9 XANEIRO 2026

MANUEL PABLO MÁRCASE COMO OBXECTIVO NA SEGUNDA VOLTA "TENTAR MANTER ESTE RENDEMENTO"

Manuel Pablo admitiu este venres 9 de xaneiro na sala de prensa do Dépor Training Center que nesta primeira volta "custounos en casa fronte a equipos que nos esperan máis. En ataque sempre buscamos melloras. En defensa arriscamos e Hugo Ríos está nun gran momento".Destaca que até a data "participaron practicamente todos os xogadores e imos tentar manter este rendemento".Do Coruxo FC, rival este sábado 10 de xaneiro ás 16:00 () no campo Arsenio Iglesias, opina o técnico fabrilista que "vén con moita confianza. Meteron 4 ou 5 esta fin de semana. Ofensivamente están moi ben. É un equipo con moita xente por diante do balón, con boas bandas. Levan sen perder bastante tempo. Teñen agora as cousas moi claras".Vaticina pois un partido "bonito porque eles están a xogar moi ben".