RCDeportivo Logo
Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - Cádiz CF

FUNDACIÓN · 1 XANEIRO 2026

LISTAXE DE PARTICIPANTES NA BANCADA SOLIDARIA DO DÉPOR - CÁDIZ CF

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste domingo 4 de xaneiro (21:00) fronte ao Cádiz en LaLiga Hypermotion, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: EDUCO, Cáritas, Asociación Fibro Visibles, ACCEM, ONG entre Culturas, Asociación Antonio Noche e Fundación Érguete.Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta .