
DÉPOR ABANCA · 23 XANEIRO 2026
FRAN ALONSO: "TEMOS CONFIANZA E ILUSIÓN EN TENTAR SACAR OS PRIMEIROS 3 PUNTOS FÓRA DE ABANCA-RIAZOR"
Fran Alonso manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que, após a derrota a pasada fin de semana en Palamós ante o FC Badalona Women, "o fútbol dáche unha oportunidade normalmente nunha semana. E agora témola", en referencia ao partido ante o DUX Logroño este domingo 25 de xaneiro ás 12:00 (Dazn) en Las Gaunas.Asegura que o equipo "non se viu afectado animicamente. Os aspectos que debiamos mellorar da semana pasada en contundencia en duelos, en agresividade en ataque da área... estamos a perfilalos ben. As xogadoras están a interpretalos moi ben. Temos confianza e ilusión en tentar sacar os primeiros 3 puntos fóra de ABANCA-RIAZOR".Iso si, o técnico deportivista advirte que o DUX Logroño "é un rival moi difícil, aínda encima no seu estadio; pero cremos no grupo, estamos a facelo moi ben e estamos moi preto de poder conseguir esa vitoria".

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...