
DÉPOR ABANCA · 26 XANEIRO 2026
FRAN ALONSO: "É MOMENTO DE SEGUIR EMPUXANDO, DE SEGUIR CRECENDO, DE SEGUIR ADESTRANDO DURO"
Fran Alonso confesou que este domingo en Logroño, co triunfo por 0-4 ante o DUX, "foi un dos días máis felices que vivín aquí polo que significa o partido e polo ambiente que se respira no vestiario".Lembra que "levabamos dicindo que o equipo estaba a crecer e hoxe (por onte) foi o colofón. Agora a seguir crecendo. Non conseguimos nada pero dános moita confianza para seguir empuxando e seguir mellorando".Finalmente subliña o partido "espectacular" de Merle Barth no seu regreso ao equipo: "Liderou moi ben a liña defensiva. En conxunto co resto do equipo".Nesta liña Fran Alonso valora a recuperación de Merle Barth, de Marisa "e a Espe vela con máis ritmo. Perdeuse moitísimos meses. Agora somos un equipo máis forte. É momento de seguir empuxando, de seguir crecendo, de seguir adestrando duro e de pór o noso foco arriba e non abaixo".

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...