
FUNDACIÓN · 26 OUTUBRO 2025
DIEGO VILLARES LUCIU O PRIMEIRO BRAZALETE SOLIDARIO DA FUNDACIÓN RC DEPORTIVO
Diego Villares luciu con motivo do partido en ABANCA-RIAZOR ante o Real Valladolid o primeiro brazalete solidario, froito dunha iniciativa innovadora da Fundación RC Deportivo de alto valor social, deseñada para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada deportiva.Este primeiro brazalete foi dedicado a FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) precisamente no Día DÉ Saúde Mental.A través da personalización do brazalete preténdese xerar conciencia, empatía e compromiso ao redor de problemáticas sociais de relevancia local, nacional e internacional.Esta acción reforza o papel do RC Deportivo como institución de referencia dentro e fóra do terreo de xogo, abanderando valores como a inclusión, a solidariedade e a xustiza social.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...