
DÉPOR · 26 XANEIRO 2026
ANTONIO HIDALGO: "NESTE TRAMO SEGURAMENTE MERECEMOS MÁIS PUNTOS DOS QUE TEMOS A DÍA DE HOXE"
Antonio Hidalgo afirmou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que, a punto de pechar o mes de xaneiro, "neste tramo seguramente merecemos máis puntos dos que temos a día de hoxe".O técnico deportivista recalca que o equipo "é capaz de dominar moitas fases, de ir roubar ao rival, de ter volume ofensivo. Están a provocarnos moitas menos situacións que hai tempo. Demos voltas á posición dalgúns xogadores e o camiño é leste".Iso si, insiste en que "isto vai de gañar partidos e voume con pena de non poder brindar unha vitoria a #ANOSAFORZA cando se envorca da maneira que o fixo hoxe".Do encontro ante o Real Racing Club, sostén que "fixemos un partido serio, contivemos o potencial do Racing, que ten moitísimo volume e iso hoxe (por onte) non existiu salvo ao final cando estabamos envorcados e nalgunha transición puidéronnos crear algo máis de perigo".Conclúe que o Dépor "concede moito menos que antes, ten máis volume ofensivo pero isto vai de áreas, de goles. Non estamos a ter ese acerto. Temos mans a mans cos porteiros e non estamos a materializar. Fóra de ABANCA-RIAZOR materializámolas máis e aquí estanos custando".Fialmente, Antonio Hidalgo quere "dar as grazas a #ANOSAFORZA. Foi brutal o ambiente. Estou un pouco contrariado por como se portou o público e por non poder darlle esa vitoria".

proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...