
FUNDACIÓN · 8 XANEIRO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN DESTINA O BRAZALETE SOLIDARIO DO MES DE XANEIRO Á EDUCACIÓN
O brazalete solidario impulsado pola RC Deportivo Fundación estará dedicado este mes de xaneiro á Educación, en colaboración coa ONG EDUCO.A través desta iniciativa, o Club busca sensibilizar sobre a importancia de garantir o acceso a unha educación de calidade para todos os nenos e nenas, así como apoiar os proxectos que EDUCO desenvolve para combater a desigualdade educativa e promover o benestar infantil.Con este xesto simbólico, o Dépor reforza o seu compromiso social e a súa aposta por un futuro con máis oportunidades para a infancia.O proxecto Brazaletes Solidarios é unha iniciativa innovadora e con alto valor social, deseñada pola RC Deportivo Fundación para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada deportiva.FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), Dignidad Galicia e COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) foron até a data as entidades protagonistas deste novo proxecto da RC Deportivo Fundación.


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...