RCDeportivo Logo
A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA-RIAZOR para o Dépor ABANCA - Real Madrid CF do domingo 1 de febreiro ás 12:00

FUNDACIÓN · 26 XANEIRO 2026

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA DE ABANCA-RIAZOR PARA O DÉPOR ABANCA - REAL MADRID CF DO DOMINGO 1 DE FEBREIRO ÁS 12:00

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 1 de febreiro ás 12:00 ante o Real Madrid CF activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta .A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste xoves 29 de xaneiro.