
FUNDACIÓN · 17 XANEIRO 2026
A DÉPOR ESCOLA FEIRACO RETOMA A SÚA ACTIVIDADE NESTE ANO 2026 CON PRAZAS DISPOÑIBLES NAS SÚAS 7 SEDES
A Dépor Escola Feiraco 2025-26 retoma a súa actividade neste ano 2026 despois do parón do Nadal, nuns días nos que a RC Deportivo Fundación continuou con esta actividade formativa a través dos DéporCampus Nadal Cabreiroá.Máis de 500 nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2019 incluídos xa participan desde outubro nesta escola profesional de fútbol co obxectivo de complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.Quedan aínda prazas nas seguintes quendas:Sede de Alvedro-Iniciación:Luns, martes e mércores ás 17:00-TecnificaciónMartes ás 18:00; mércores ás 18:00; e xoves ás 17:00 e 18:00; e venres ás 16:30Sede de SadaLuns ás 16:15 e 17:15; mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15Sede de PaiosacoMércores ás 16:30 e ás 17:30Sede de ZasMércores ás 16:30 e 17:30Sede de BertamiránsMartes ás 16:30 e 17:30Sede de Diversidade FuncionalMartes ás 16:00, 17:00 e 18:00No Colexio Jesuitinas a preinscrición é no citado centro e tamén hai prazas dispoñibles.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].Ven a xogar, aprender e divertirte na Dépor Escola 2025-26!Aquí farás novos amigos, mellorarás o teu fútbol e vivirás a paixón do Dépor mentres o pasas en grande.A Dépor Escola 2025-26 está baseada en valores como o compañeirismo, o respecto e o esforzo.Esperámoste con adestramentos divertidos, novos retos e moitas sorpresas!


proba

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un conven...

Os profesionais do RC Deportivo reciben unha formación para o...

O Método Dépor chega a Bratislava no marco do proxecto Her Fu...

Semana de "moitísima ilusión" para o Dépor ABANCA coa visita ...

O RC Deportivo incorpora a MatchWornShirt como novo patrocina...