
DÉPOR · 20 XUÑO 2026
TEUN GIJSELHART: "É INCRIBLE A AFECCIÓN, COMO SE VIVE O FÚTBOL NA CIDADE"
Teun Gijselhart (Ámsterdam, Países Baixos, 6 de abril de 2005), nova fichaxe do Dépor ata 2030, xa coñece ABANCA-RIAZOR.Acompañado pola súa familia e algúns dos seus amigos, o centrocampista neerlandés puido pisar a herba da que xa é a súa casa e mesmo sentarse no banco deportivista.Nun castelán máis que correcto, afirmou estar "moi contento, moi orgulloso. Teño moitas ganas desta nova etapa".Teun Gijselhart confesou ter visto vídeos do ascenso do Dépor, "e é incrible a afección, como se vive o fútbol na cidade. Iso faime moita ilusión".Sentado na tribuna de ABANCA-RIAZOR, destaca "a gran historia do Dépor" e nomeou ao seu compatriota Roy Makaay, "pichichi, campión de liga".Conta que segue o fútbol español "dende pequeno porque ten moita calidade técnica pero tamén é moi intenso. Creo que encaixa ben coas miñas características: gañar duelos, recuperar balóns, participar na saída de balón, axudar ao equipo con balón e sen balón".Finalmente Teun Gijselhart comprometeuse a "dalo todo por esta camiseta. Forza Dépor!", exclamou.

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...