RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor ABANCA preparado para competir na liga

DÉPOR ABANCA · 21 AGOSTO 2026

VITORIA CON REMONTADA INCLUÍDA ANTE O RIO AVE FC DUN DÉPOR ABANCA PREPARADO PARA COMPETIR NA LIGA

O Dépor ABANCA disputou este venres 21 de agosto o seu último exame de pretemporada antes de arrincar a Liga F o sábado 29 de agosto ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC.O seu rival foi o Río Ave FC da Primeira División de Portugal.Venceron As Nosas, con remontada incluída, grazas aos goles de dúas internacionais españolas en categorías inferiores: Lucía Rivas e Ainoa Gómez.O encontro xogouse a porta pechada no Estadio dos Arcos, na localidade lusa de Vila do Conde.A única baixa no Dépor ABANCA foi Merle Barth, que segue cunhas molestias na planta do pé.Alberto Rodríguez si puido contar coas internacionais sub-20 Marisa e Ainoa Gómez, que pasaron por A Coruña entre unha concentración de preparación da selección española sub-20 para o Mundial e xa a definitiva de cara ao campionato, que arrincará o 27 de agosto, 2 días antes de comezar a Liga F.Ambas fabricaron o tanto do triunfo en Vila do Conde.Paula Hernández e Carla Castiñeyras, dúas futbolistas con licenza do B pero que alternarán seguro os dous equipos, foron as representantes de ANOSACANTEIRA.Saíu ben o Dépor ABANCA a un encontro condicionado por un vento moi forte no Estadio dos Arcos.A primeira ocasión do partido foi para Lucía Pardo no minuto 22. O man a man da atacante blanquiazul gáñao desta volta a porteira do Río Ave.Pouco despois, no minuto 35, Millene estivo a piques de marcar. O remate de cabeza da pichichi deportivista nesta pretemporada estrelouse no longueiro.Entre medias, no único desaxuste defensivo deportivista, o Río Ave FC aproveita o agasallo e adiántase no minuto 32. Un marcador a todas luces inxusto polo visto sobre o terreo de xogo.Co 0-1 chegouse ao descanso.

redru0821.jpeg

Tras o paso polos vestiarios chegou a remontada cociñada a lume lento.Alberto Rodríguez introduciu de golpe 7 cambios que co paso dos minutos foron mudando o rumbo do encontro.As Nosas apropiáronse do balón e minimizaron o potencial ofensivo do Río Ave FC, que só dispuxo dunha ocasión en toda a segunda metade.Lucía Rivas puxo as táboas no minuto 70 ao culminar unha boa acción ofensiva de Millene.Co partido claramente decantado do bando deportivista, a internacional Ainoa Gómez logrou o tanto do triunfo na recta final (minuto 84) ao mandar á rede unha boa combinación coa súa compañeira de selección Marisa. Ambas saltaran ao céspede 8 minutos antes en substitución de Lucía Rivas e Millene.Co 1-2 e a sensación dun equipo preparado para competir na liga rematou o último amigable do verán.Deportivo ABANCA: Inês Pereira (Tarazona, min. 46), Sofía Domínguez (Caracas, min. 46), Paula Novo (Ranera, min. 46), Carla Castiñeyras (Elena, min. 46), Vega (Monteagudo, min. 46), Redru (Olaya, min. 46), Paula Hernández (Espe Pizarro, min. 46), Eva Alonso (Eva Dios, min. 48), Lucía Rivas (Ainoa Gómez, min. 74), Lucía Pardo (Michi Apóstol, min. 62) e Millene (Marisa, min. 74)Goles: 1-0 (min. 32); 1-1 Lucía Rivas (min. 70); 1-2 Ainoa Gómez (min. 84)Incidencias: partido disputado no Estadio dos Arcos de Vila do Conde, a porta pechada para os afeccionados

caracas0821.jpeg