
DÉPOR ABANCA B · 23 XULLO 2026
SARA PREGO REFORZA O CENTRO DO CAMPO DO DÉPOR ABANCA B
O RC Deportivo incorpora a Sara Prego Barbeito (Tenerife, 10 de setembro de 2009), que se converte en nova xogadora do Club tras asinar ata xuño de 2029, con posibilidade de ampliación. A centrocampista contará con licenza do Orzán SD, dentro da estrutura do Dépor ABANCA B.A pesar da súa mocidade, Sara Prego chega á Coruña tras completar unha destacada temporada no Fundación CD Tenerife B, co que disputou 22 partidos en Tercera Federación, 19 deles como titular, asinando ademais uns notables rexistros ofensivos con 9 goles desde a medular.A nova futbolista branquiazul iniciou a súa formación no Unión Viera, onde comezou a desenvolver as cualidades que a converteron nunha das centrocampistas con maior proxección da súa xeración.

A súa lideranza tamén quedou reflectida no ámbito das seleccións, xa que foi capitá da selección canaria sub-16, unha responsabilidade que pon de manifesto a súa personalidade, madurez e capacidade para asumir protagonismo sobre o terreo de xogo.Coa incorporación de Sara Prego, o RC Deportivo aposta polo talento novo, sumando ao proxecto unha futbolista con calidade, chegada desde segunda liña e cun amplo marxe de crecemento.


Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...